Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A creatividade tecnolóxica como motor na pequena empresa

RR_Noticias

A Asociación de empresarios de Redondela convoca este mércores ás 20:30 horas no pazo de Vilavella un obradoiro de emprendemento e creatividade tecnolóxica no que se falará de comercio, consumo e nova tecnoloxías. Coñecer o novo perfil de consumidor, as canles de pago e procesos dixitais así como as ferramentas das que dispón o comerciante e distintas experiencias que amosen fórmulas comerciais exitosas son os obxectivos fundamentais destes talleres de emprendemento e creatividade tecnolóxica que organiza a Federación galega de comercio.

Son factores fundamentais para responder con efectividade aos retos que se presentan os empresarios do comercio minorista galego tendo en conta que a súa capacitacion, diferenciación, coñecemento do cliente e creatividade tecnolóxica son fundamentais para defender o seu papel como dinamizador da economía galega e como creador de emprego estable. Neste sentido, o obradoiro que se desenvolverá mañá mércores no Convento de Vilavella contará coa directora xeral de comercio, Sol Vázquez Abeal pero tamén coa directora do instituto galego de consumo Montserrat Rodríguez, o responsable de medio de Abanca, Miguel Angel Bermúdez e o empresarios José Luis Vilanova Peña.  

Julia Alonso Asociación empresarios
Un obradoiro no pazo de Vilavella para compartir experiencias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará