Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e charlas literarias

RR_Noticias

A Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela celebra este venres, 2 de decembro, unha sesión de contacontos, para nenos de 3 a 8 anos,  a cargo da  actriz e contadora asturiana Olga Cuervo; será ás 18:30 h. na sala infantil da biblioteca, con entrada libre e gratuíta. Na mesma xornada aínda que orientado a público adulto, organizan en colaboración coa Asociación de Amigos das bibliotecas unha charla coloquio para conmemorar o 400 aniversario de Cervantes. Será ás 20:30 horas na Casada Cultura.

Al abrigo de los cuentos é o título do contancontos que a actriz Olga Cuervo ofrecerá este venres ás 18:30 horas na Biblioteca municipal e que supón o inicio da tempada de Nadal. O abrigo é o protagonista desta historia, unha prenda de vestir da que sairán múltiples obxectos para contar diferentes historias.
Na mesma xornada, ás 20:30 a Casa da Cultura acollerá unha charla a cargo de Alexia D´Otras Bravo baixo o lema “Ficción, parodia e recreación en Don Quijote de la Mancha”. Esta conferencia enmárcase dentro das actividades que se  levan a cabo con motivo do 400 aniversario da morte do autor de El Quijote e ten como tema central os episodios da corte dos duques e o aspecto teatral na segunda parte de Don Quijote.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará