Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Neve artificial, música e luces para dar a benvida ao Nadal

RR_Noticias

O Concello acende hoxe o seu alumeado de Nadal nun acto que terá lugar ás 20:00 horas. Un acendido oficial das luces que durante todo o vindeiro mes van alumear as rúas do casco urbano de Redondela e no que non faltará a música coa Big band e o coro do conservatorio Victor Ureña. Como novidade este ano haberá neve artificial na praza do Concello e os mais pequenos poderán achegarse a coca Simona quen repartirá agasallos entre os asistentes.

En Chapela o acto do acendido será o venres tamén ás 20:00, aínda que nese caso será a música do Quinteto da banda de música da Parroquia a que amenice o evento.
Xa na fin de semana arranca o domingo 11 a programación do Nadal no Multiúsos da Xunqueira cun festival de corais coa participación de sete agrupacións corais de Redondela. Haberá dúas sesións, unha ás 12:00 horas con presenza da coral da Sociedade Labrego Cultural de Reboreda, a de San Esteban de negros, a coral A Raiña do Centro Cultural de Cedeira e a coral Alvedosa.
Pola tarde, a partir das 18:00 horas terá lugar un novo concerto no que participarán a coral Santiago Apóstol de Redondela, a coral Frol Nova de Chapela e a coral O Piñeiral de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará