Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Montes: “Recuperamos as boas sensacións”

RR_Noticias

A vitoria do pasado domingo ante o Silva supuxo para o Choco moito máis que os tres puntos que lle permiten saír dos postos de descenso. Tamén supón un revulsivo anímico para o equipo, que lle permite seguir traballando coa seguridade de que as cousas “se están a facer ben”. Con esa inxección de moral viaxa o domingo ao Barco para enfrntarse a un rival “que non está ao seu mellor nivel”.

A goleada en Santa Mariña por 5-3 deixa tranquilidade na táboa clasificatoria e boas sensacións no equipo. O técnico, Marcos Montes, amósase satisfeito por ter superado a fochanca na que se afundían semanas atrás. Logo de sumar dez puntos nos últimos cinco partidos respiran “máis aliviados”. Logo de atravesar unhas semanas “críticas” o equipo recuperou a confianza, e o técnico agarda que os resultados os acompañen no longo treito que queda de liga para asegurar canto antes o obxectivo da permanencia. Co optimismo que lle outorga esta xeira positiva de resultados viaxan o domingo a terras ourensás para medirse ao Barco, que non atravesa o seu mellor momento. Montes agarda que os redondeláns poidan aproveitarse desa racha negativa dos anfitrións, que contrasta coa liña ascendente do Choco. O partido será o o domingo no Municipal de Calabagueiros.

Marcos Montes adestrador do C.D.Choco
O resultado ante o Silva permite ao equipo recuperar as boas sensacións.
Tranquilidade na táboa
A vitoria ante o Silva devolve a confianza e a seguridade no traballo realizado.
Barco-Choco
Montes quere aproveitar que o Barco non está ao seu mellor nivel para dar a sorpresa en Calabagueiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará