Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A vixilancia non impide un terceiro ataque contra as pasarelas de Monte Penide

RR_Noticias

Nesta ocasión o acto vandálico afectou ao valado de Chan da Cruz que apareceu serrado. Todo apunta a que o autor sería o mesmo veciño que xa fora identificado como autor dos danos no mesmo lugar o pasado día 5 logo de que parte do material roubado nesa ocasión -os taboleiros de madeira- foran localizados nun galpón nas inmediacións do campo de fútbol de Trasmañó. A pasarela foi xa reparada.

Malia que se tería reforzado a vixilancia policial na zona e incluso os veciños se organizaron para realizar quendas de vixilancia nos últimos días, o certo é que é imposible manterse alerta durante as 24 horas. De feito, o último destes actos vandálicos produciuse na madrugada do luns cando o autor aproveitou a escuridade e ausencia de vixilancia para serrar o valado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará