Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca a programación de Nadal con actividades para todos os públicos

RR_Noticias

A apertura da pista de xeo e a feira de Nadal na Alameda centran as actividades nesta fin de semana e supoñen o arranque dunha programación que inclúe como novidade o concerto de Aninovo a cargo do Conservatorio Víctor Ureña, unha gala Vienesa á que o público deberá asistir coas súas mellores galas. Repiten os obradoiros para os nenos que se trasladan a Casa da Cultura todos os días de 18:00 a 20:00 horas do 22 de decembro ata o mércores 4 de xaneiro. En Chapela serán no local da asociación Agarimo. Dende hoxe mesmo os que estean interesados en patinar sobre o xeo na pista da Alameda que abrirá as súas portas o vindeiro domingo teñen xa a posibilidade de retirar as entradas nos locais comerciais.

Unha fin de semana esta que supón o inicio da programación do Nadal coa apertura o sábado ás dez da maña da Feira de Nadal na que se poderán atopar artigos artesanais do mas variado entre os 30 postos que ofrecerán os seus produtos nas casetas instaladas na beirarrúa de Xeneral Rubín. Unhas xornadas que nos deixarán tamén a Vespanoleada, con percorrido en vespa por Redondela e Chapela e a inauguración da pista de xeo o domingo na Alameda de Redondela. Unhas actividades organizadas dende a Concellería de Festas e eventos que preside Angela Antón. Unha programación que inclúe numerosas actividades para os máis pequenos como a ludoteca que este ano se traslada a Casa da Cultura. O obxectivo é que pais e nais poidan deixar aos nenos atendidos e entretidos mentres eles van facer as súas compras. Este servizo funcionará en Redondela do xoves 22 de decembro ata o mércores día 4 en horario de 18:00 a 20:00 horas, agás os días 24 e 31 que será de 11:30 a 13:30. En Chapela o servizo estará activo ata o último día do ano e desenvolverase no local da Asociación Agarimo. Entre as novidades principais deste ano a concelleira destaca a carreira popular de Nadal que se celebrará no día de Noiteboa con recollida solidaria de alimentos e o concerto de Aninovo, o día 2 de xaneiro “unha gala Vienesa cun concerto a cargo do alumnado do Conservatorio e na que se convida aos asistentes a achegarse vestidos de gala”.  

Angela Antón responsable de Festas e eventos
A programación de Nadal arranca esta fin de semana
Ludoteca para os nenos
Comezará a funcioanr en Chapela e Redondela o día 22
Concerto de Aninovo
Gala vienesa no Multiúsos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará