Denuncian que dende o concello non se lles teña informado da obra que está previsto arranque no primeiro trimestre do 2017 cun investimento de 2,3 millóns de euros. O pasado mes de outubro xa solicitaran unha xuntanza co alcalde para que se lles trasladara información sobre este proxecto de ampliación e mellora de beirarrúas. Logo de non ter resposta esixen agora a convocatoria dunha “asemblea urxente no multiúsos de Chapela para que se informe a toda a cidadanía”.
Os veciños, usuarios e comerciantes de Chapela reclaman “o dereito a saber en que medida afectará esta obra de humanización ao noso entorno, no que nin sequera dispomos de aparcadoiros, sufrimos tráfico rodado con camións de gran tonelaxe que circulan dende o alto da Encarnación ata a rúa José Fernández e invaden e forman caos constantes na circulación desta zona”.