Titiriteiro, actor e músico Eduardo Rodríguez Cunha máis coñecido como Tatán, regresa a súa casa para ofrecer este sábado un concerto no pub Aquelarre a partir das 23:00h. Doce cancións e doce historias recollidas no disco Chapeu nas que con voz rota vai facendo un percorrido por estilos diversos: o jazz, blues, swing ou mesmo habaneiras.
Unha andaina musical que arrancou nos anos 90 con Eigualdeixa, e que prolongou co proxecto infantil María Fumaça e con CoraSons, espazo no que coincidiu con Pablo Vidal, quen forma parte indispensable deste traballo do mesmo xeito que Uxia, madriña do disco. Xunto a eles moitas outras colaboracións como Carlos Blanco, Chus Domínguez, Ana Domínguez, Blanca Francés, Felipe Castro, Noli Torres ou o tamén redondelán Alberto Vilas quen estará este sábado no concerto “íntimo” que ofrecerá no local Aquelarre.