Este martes o alumnado do Conservatorio e a escola de música será o protagonista con dúas citas musicais no Multiúsos da Xunqueira. Así os alumnos da escola de música ofrecerán un concerto ás 18:30 horas e ás 20:00 horas darán paso ao alumnado do conservatorio. En ambos os dous casos a entrada é de balde pero cómpre recollela unha hora antes do inicio de cada unha das actuacións xa que o aforo é limitado.
O Mércores 21 as 20:00 horas a música tamén será protagonista no Multiusos do Piñeiral do Crego cun Concerto de Nadal a cargo dos alumnos da escola de música de Chapela con presenza de Papá Noel.
O venres celebrarase ademais o tradicional festival de Nadal organizado por Lenda no Multiúsos. Soará a música da Rondalla de Redondela e actuarán como artistas invitadas Ana Area, Laura Pérez e Ana Gesteira. A entrada neste caso custará 3 euros e haberá dous pases ás 20:00 e as 22:00 horas. As entradas están xa a venda no local de lenda e no Café da Vila.