O concello de Fornelos de Montes convoca a todas as asociacións, colectivos e entidades do municipio a asistir a unha xuntanza o martes día 20 ás 18:00 no espazo multiúsos. O propósito desta xuntanza é valorar a posibilidade de crear un banco do tempo no concello, do que se poidan beneficiar todos e todas as veciñas.
Esta proposta forma parte do Programa Inserta, que ten entre os seus obxectivos a mellora das redes sociais e o intercambio de saberes e servizos entre as veciñas e veciños. Está programa está cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e ten como finalidade a igualdade no ámbito da inserción sociolaboral e das relacións sociais.
Con esta actividade finaliza un programa que leva realizado actividades como un curso de iniciación ao cooperativismo, un obradoiro sobre ferramentas de busca de emprego e a creación de itinerarios personalizados de inserción.