Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Nadal dos Nenos ofrece actividades en Redondela e Chapela para os máis pequenos

RR_Noticias

A Casa da Cultura na praza de Ribadavia e o local da asociación Agarimo en Chapela son os espazos que durante este período de Nadal albergarán as actividades que organiza o concello de Redondela co gallo de entreter aos máis pequenos e dar a oportunidade aos pais de ter un lugar no que os fillos estean atendidos durante dúas horas cada tarde. En Redondela o programa desenvolverase dende hoxe xoves ata o 4 de xaneiro mentres que en Chapela rematará o sábado 31. Non é precisa inscrición previa.

Neste período de vacacións escolares, pais e nais terán a posibilidade de deixar aos seus fillos, nenos e nenas maiores de catro anos, nos obradoiros que diariamente se desenvolverán na Casa da Cultura e no local Agarimo en Chapela. Dende as 18:00 ata as 20:00 horas os rapaces que se acheguen poderán gozar con obradoiros de manualidades, cociña, baile, festas infantís ou as tradicionais visitas de Papa Noel e a Coca Simona.   Un programa que nos días de Noite Boa e Fin de ano varían o seu horario desprazándose á mañá dende as 11:30 ata as 13:30. Completamente de balde e sen necesidade de inscribirse previamente, o único que hai que facer é achegarse no horario preestablecido aos lugares nos que se imparte e onte os rapaces serán recibidos polos monitores do campamento. Haberá ademais un día especial de Mundo Bebé no que tamén poderán participar bebés de 0 a 3 anos así como pais e nais.  

Lorena Reboredo escola tempo libre Koremi
Actividades variadas para nenos a partir de 4 anos
Dúas horas cada tarde
Os pais poden tamén ter un respiro para realizar compras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará