O C.D. Choco, en colaboración coa ONG redondeá Da Man, organizou o envío de equipaxes de fútbol do club para nenos e nenas sen recursos de Senegal. Trátase dun “pequeno xesto que custa moi pouco”, como explica o presidente da entidade, Iván Crespo, e co que fan felices a estes cativos.
O club deportivo e a ONG traballaron xuntos nos últimos meses para facer chegar as equipacións aos nenos de Senegal, que xa puideron gozar da roupa nova nunha saída a unha praia do país africano. A colaboración comezou comezos de outono, grazas ao contacto dun directivo do Choco con Pilar Martínez, presidenta de Da Man. O club puxo a disposición da entidade solidaria as equipacións, unhas prendas deportivas de alta calidade. A partir de aí, foi a ONG a que fixo chegar as prendas de roupa ata Senegal. O Choco xa recibiu as fotografías nas que os rapaces do país africano gozaban das prendas de roupa doadas pola entidade. Deste xeito, o club colaborou cunha causa solidaria e agora os rapaces de Senegal teñen unhas camisolas para utilizar nas súas saídas á praia e ás diferentes actividades que realicen na vida cotiá. Están seguros de que, nuns anos, “tamén aparecerá algún seareiro do equipo no país africano”. O Choco tamén quixo destacar o gran traballo que realiza Da Man e os seus voluntarios. Crespo salienta que “de xeito desinteresado poñen toda a vontade do mundo para axudar a persoas que realmente o precisan”.