Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello remata os traballos de rehabilitación da antiga Escola de Cedeira

RR_Noticias

O edifico estará a disposición dos veciños “en cuestión de días” unha vez a empresa adxudicataria da obra, Cantería Carna S.L., remate os últimos traballos consistentes na colocación das fiestras e o acondicionamento do interior. A  obra, con cargo aos orzamentos participativos, conta cun investimento de 19.000 euros e incluíu tamén o cambio do tellado.
 

A recuperación do inmoble, situado ao carón da Igrexa parroquial, fora executada nunha primeira fase polos alumnos do obradoiro de emprego de albanelería e cantería quen o ano pasado xa rehabilitaran parte do edificio que se atopaba en estado ruinoso. Con todo, os alumnos non foran quen de concluír os traballos polo que se decidiu investir 19.000 euros procedentes dos orzamentos participativos para rematar unha obra demandada pola propia Asociación de veciños da parroquia.
Logo de semanas de traballo está previsto que nos vindeiros días se dean por concluídas as obras de xeito que a antiga escola poida ser empregadas polos colectivos veciñais para a realización de actividades, reunións e outros usos que precisen.
Esta segunda fase consistiu no cambio de tellado, coa colocación de tella do país, a colocación das fiestras e o acondicionamento do interior, coa instalación das escaleiras interiores.
“Trátase dun lugar con moita historia que sempre se quixo recuperar e agora por fin é unha realidade para uso e gozo dos veciños”, afirma a concelleira de Desenvolvemento Local e tenente de alcalde, María del Carmen Amoedo, quen fixo unha visita para supervisar o desenvolvemento dos traballos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará