Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiro de Cantos de Nadal con Uxía Senlle e Santi Cribeiro

RR_Noticias

A Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística municipal, achega ao auditorio da Xunqueira hoxe martes ás 18:30 h, un obradoiro de cantos de Nadal, destinado a público infantil. “Nadal de vila en vila” é o nome deste obradoiro de música de Nadal en galego, que pretende achegarlles aos participantes a tradición musical galega das festas do Nadal mediante a interpretación de panxoliñas, xaneiras, aninovos, cantares de reis ou aguinaldos. A entrada é de balde pero debe retirarse previamente no Multiúsos.

Da man de dous recoñecidos músicos, Uxía Senlle e Santi Cribeiro, as persoas asistentes participarán do obradoiro no que usarán diferentes instrumentos de percusión (botellas de anís, paus, cunchas…) cos que acompañarán as voces. A partir dun conto de Nadal, que guiará a introdución das distintas pezas, proxectaranse imaxes e letras dos cantos e entregaráselles aos participantes unha edición especial con letras de temas musicais tradicionais propios destas datas.
A duración da actividade, deseñada en exclusiva para o programa Nadal en Rede, é de 50 minutos, e vai dirixida a familias con nenas e nenos a partir dos 4 anos, que poderán ir acompañados dunha persoa adulta. A participación neste obradoiro é de balde, pero ten aforamento limitado, polo que cómpre retirar a entrada no propio multiúsos da Xunqueira o mesmo martes 27 de decembro en horario de mañá.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará