Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas non asistirá á xunta de goberno da Área Metropolitana que cualifica de “teatro de Caballero”

RR_Noticias

O alcalde de Redondela confirma que non asistirá a Xunta de goberno da Área Metropolitana convocada para mañá e na que está previsto que se nomeen aos grupos políticos, os vicepresidentes e se comecen a planificar investimentos e cesión de competencias. Argumenta Javier Bas que o alcalde vigués incumpre o convenio asinado coa Xunta no que respecta ao transporte metropolitano e que non ten sentido “seguir dando pasos no desenvolvemento dun área que vai ser ficticia”.

Bas súmase así á postura do PP quen xa confirmou que ningún dos seus alcaldes acudirá a reunión de mañá por considerar que a reunión constituinte da área, celebrada o pasado 1 de decembro, estivo cargada de irregularidades. De feito, os populares levantáronse desa sesión e o ente supramunicipal constituíuse con ausencia dos representantes do PP. O partido mantén a súa postura e reitera que estará ausente na xunta de goberno convocada para este xoves. Javier Bas argumenta que o motivo da súa ausencia responde “aos incumprimentos do alcalde de Vigo ao seu compromiso de sumarse ao transporte metropolitano, incumpre algo que está recollido explicitamente no convenio e asinado polo propio Caballero e seguir dando pasos no desenvolvemento dun área que vai ser ficticia non ten sentido”. Os populares insisten na idea de que un Área que non ten a Vigo incorporado ao Plan de transporte Metropolitano non ten razón de ser.  

Javier Bas alcalde
Explica os motivos que o levan a non asistir a xunta de goberno da área metropolitana

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará