Un ritmo trepidante no que se suceden os números clásicos cos máis actuais aderezados cunha divertida retranca é o que nos propón o mago Chrystian para pasar a tarde do venres. Unha representación que se poderá ver o día 30 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. O prezo das entradas é de 5 euros os adultos, 3 euros os nenos. Unha actividade enmarcada dentro da programación de Nadal que organiza o Concello de Redondela.
Números clásicos como os de escapismo, nos que o mago tentará liberarse dunhas esposas, ou facer desaparecer obxectos a vista do público son algunha das propostas que nos deixa este espectáculo no que a maxia sucederase a ritmo vertixinoso e no que o público formará parte do espectáculo colaborando activamente. Unha proposta familiar “para público de 3 a 99 anos” que chega mañá a Redondela da man do mago Crystian enmarcado dentro da programación do Nadal que despedirá o ano coa visita da Coca Simona, personaxe que paseará polas rúas da vila na mañá do sábado en horario de 11:30 a 13:00 horas.