A Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais de Redondela en colaboración coas bibliotecas organizan hoxe martes unha actividades diferente orientada a rapaces de 6 a 16 anos. A cita será ás 12:00 horas no Palco da música na Alameda, dende alí os participantes, seguindo a mecánica do popular Pokemon Go, tentarán “capturar libros”.
Leolo Go! é o nome desta proposta que busca fomentar a lectura entre os rapaces da vila baseándose na dinámica popularizada polo xogo Pokemon Go. O punto de encontro, para os que desexen concorrer, será hoxe martes 3 ás 12:00h., no palco da música de Redondela. Os participantes, de entre 6 e 16 anos, deberán achegarse provistos dun dispositivo eléctronico con conexión a Internet. Participación libre e de balde.