Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ecovidrio entrega 1500 euros a Cáritas pola recollida de cinco mil kilos de vidro en Redondela

RR_Noticias

A campaña desenvolvida nas últimas tres semanas en diferentes puntos do concello co obxecto de promover a reciclaxe a un tempo que fomenta a solidariedade deu xa os seus froitos. Na mañá de hoxe o presidente de Cáritas Redondela recibía o cheque de 1.500 euros que lle servirá a organización para seguir axudando ás familias necesitadas. Responsables da empresa e o concello agradeceron a participación veciñal que permitiu recoller cinco toneladas de vidro nos iglús instalados para a campaña “vidro solidario” desenvolvida en Redondela e Chapela. Con todo, os redondeláns seguimos a reciclar menos que a media galega, 11 kilos por habitante, fronte a media de Galicia que se sitúa nos 14,6.

A campaña consistiu na instalación de 10 iglús en diferentes puntos de recollida de envases de vidro co obxecto de promover a reciclaxe deste material, o que ten indubidables efectos positivos para o medio ambiente, pero engadíndolle ademais o aspecto solidario, premiando o esforzo dos veciños coa doazón de 1500 euros á entidade Cáritas. A implicación da cidadanía traduciuse en que se recolleran nestes colectores un total de 5.000 quilos de vidro, un 13% máis do que se recolle habitualmente no mesmo periodo, “sendo a zona de Santa mariña a que máis colaborou coa iniciativa chegando incluso os contedores a rebordar” explicou o edil de medio Ambiente Miguel Angel Alvarez. Ecovidrio aproveito a ocasión para trasladar os datos de reciclaxe en Redondela, onde se recolleron 327.200 kilógramos de envases de vidro no 2015 o que equivale a unha media de 11kg por habitante. Isto supón que cada redondelán reciclou aproximadamente 42 envases por persoa. Redondela mantén este ano unhas cifras de recollida de vidro similares ás do ano anterior e con estas novas accións fomentarase que a cantidade de vidro que se recicla aumente e sitúese como mínimo na media galega que é actualmente de 14,6 kgs/hab. Os galegos reciclaron o pasado ano preto de 40.000 toneladas de vidro o que significa preto de 56 envases de vidro por persoa.  

Ecovidrio
Recolleuse neste periodo un 13% máis do habitual
MIguel Angel Alvarez Edil Medio Ambiente
Agradecía a colaboración dso veciños
Francisco Couñago
Dende Cáritas agradecen a doazón e nome das familias ás que axudan
Javier Bas alcalde
Confía en que a iniciativa se repita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará