O Multiúsos da Xunqueira acolle dende hoxe xoves unha exposición con obras do artista Lino Lago (Redondela, 1973). A exposición, organizada polo departamento de Cultura, conta con media ducia de obras seleccionadas e colocadas segundo o criterio do propio artista que participou na montaxe e doará unha das súas obras ao concello. O acto de apertura terá lugar ás 17:00 horas.
O redondelán Lino Lago vive actualmente entre España e Lituania e a súa obra ten pasado por galerías de arte de Dinamarca, Italia, España ou Norteámerica, mesmo estes días na George Adams Gallery de Nova York dedícaselle unha mostra. Obras da súa autoría atópanse tamén en grandes coleccións coma a do Flint Institute of Arts Museum de Michigan.
O acto de apertura da exposición que se poderá ver dende hoxe ata finais de febreiro, terá lugar ás 19:00 horas no Multiusos A Xunqueira aproveitando que o artista redondelán se encontra na súa vila natal nestas datas. Lago doará ademais unha das súas obras ao Concello de Redondela que permanecerá exposta no propio edificio do Multiusos de xeito permanente.