Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar en Chapela polo atraso na colocación da pasarela sobre a AP-9

RR_Noticias

Pais e Nais do colexio Igrexa critican que non se cumpriran os prazos e se pospoña a colocación da pasarela para o vindeiro luns cando se lles asegurara que a ponte estaría operativa en canto se reiniciaran as clases. O alumnado ten a súa disposición dende hoxe e ata que a pasarela estea completamente operativa un autobús de balde con coidador para acceder ao colexio.

Audasa, concesionaria da Autopista, empezará a colocar mañá martes a pasarela que vai do Colexio da Igrexa á Estrada de Torreiro, na parroquia de Chapela, pasarela que fora retirada o pasado día 20 de decembro para aumentar a súa lonxitude, coincidindo coa ampliación da AP-9. Malia que a empresa que executa os traballos comprometérase a realizar os cambios durante o período de vacacións de Nadal para evitar prexuizos aos alumnos do colexio que empregan este paso para acceder ao centro educativo dende as súas casas, non será ata mañá cando se proceda a colocar a pasarela e o paso non estará operativo ata a fin de semana. Mentres non estea aberta, haberá un servizo de balde de autobús para os estudantes- coincidindo coa entrada e saída das clases-. O autocar sairá dende preto da igrexa e irá unha persoa encargada de atender ás rapazas e rapaces. Dende a Anpa do Colexio amosan o seu malestar “porque unha vez máis non se cumpren os prazos, a empresa non cumpre o comprometido e os alumnos volven ser os prexudicados”. Critican que “durante toda a semana ninguén estivera traballando na zona cando a obra non estaba realizada”. A pasarela é empregada por ducias de veciños que agora teñen que dar un importante rodeo pola Estrada do Torreiro ou pola zona de Pazán para chegar ao centro de saúde e a zona de comercio e as cafeterías da Avenida de Redondela.  

Ana Rosa Figueroa. ANPA Chapela
Malestar por non cumpriren os prazos
Máis atrancos
Critican os continuos problemas que padecen polas obras

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará