Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lino Lago: “Tiña moitas ganas de que Redondela contara cunha das miñas obras”

RR_Noticias

Parco en palabras resulta complicado roubarlle unhas frases polo seu carácter tímido pero tamén porque segundo di “a arte non se pode explicar, o mellor é que os veciños vexan as obras e saquen as súas propias conclusións”. Así o aseguraba no transcurso do acto de entrega dunha das súas obras ao Concello de Redondela. Un cadro de gran formato cunha imaxe do Gaiás que se exporá de forma permanente no Multiúsos.

A obra elixida é un cadro de gran formato, de cinco metros de longo por dous e medio de altura no que se recolle unha imaxe da Cidade da Cultura  de Santiago. A imaxe forma parte dunha serie que se expuxo no Museo de Arte Contemporánea da Coruña e na que aborda, por ver primeira, o asunto da inxustiza e o sufrimento innecesario dos animais como temática principal. Elementos culturais, neste caso arquitectónicos, que oprimen aos animais, representados coa imaxe dunha vaca. Un cadro que ata o de agora estaba exposto no MAC de Fenosa na Coruña e que pasa a formar parte da decoración permanente do Multiúsos. De feito, elixir o espazo no que se colocará definitivamente non foi cousa doada debido ao seu gran tamaño. Finalmente e logo de estudar diferentes alternativas acordouse a súa ubicación no espazo central que conforman as escaleiras á altura do primeiro andar. O redondelán Lino Lago vive actualmente entre España e Lituania e a súa obra ten pasado por  galerías de arte de Dinamarca, Italia, España ou Norteámerica, mesmo estes días na George Adams Gallery de Nova York dedícaselle unha mostra. Obras da súa autoría atópanse tamén en grandes coleccións coma a do Flint Institute of Arts Museum de Michigan. A tenente de alcalde Carmen Amoedo agradecíalle a súa xenerosidade co concelllo por ceder unha das súas obras e amosábase orgullosa “como veciña e amiga” polos éxitos deste redondelán cuxo traballo é recoñecido internacionalmente”. Ata finais do vindeiro mes, ademais da obras cedida ao concello pódense ver no Multiúsos outros cadros do artista, media ducia de obras seleccionadas e colocadas segundo o criterio do propio Lino Lago que participou na montaxe e que permiten achegarnos ao seu traballo.  

Lino Lago pintor
Entende que a arte é para ser vista non explicada
Cadro de gran formato
Ven de doar unha das súas obras ao Concello
Carmen Amoedo tenente de alcalde
Agradece a Lino a súa deferencia con Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará