Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco sae do descenso

RR_Noticias

Os de Marcos Montes non fallaron ante o Ordes, un dos seus rivais directos pola permanencia. Os goles de Rober, Silva, Comis e Félix en Santa Mariña sumaron a goleada redondelá coa que consiguen abandonar os postos de descenso. Na Segunda autonómica vitoria tamén do filial redondelán e o Arcade.

Terceira División
Choco 4-1 Ordes
Os de Redondela xogábanse moito no encontro disputado onte en Santa Mariña. O Choco non está en disposición de perder puntos na casa, se quere manterse na categoría, e menos ante un rival directo pola permanencia como o Ordes. E os de Marcos Montes non fallaron. A vitoria serve ademais para superar na táboa clasificatoria por un punto ao Castro. Os locais foron moi superiores dende os primeiros minutos de partido, ao que se sumou o acerto de cara á portería, aspecto que teñen fallado moito al longo desta liga. Abriu o marcador Rober aos vinte minutos de partido e antes do descanso anotou Silva para ir o vestiario cunha vantaxe cómoda de 2-0. No inicio da segunda parte ampliou a vantaxe Comis, que deixaba o encontro case sentenciado. Monroy fixo o tanto para os visitantes, e a dez minutos para o final foi Félix quen, tras moitos meses sen marcar, pechaba o partido e o marcador en Santa Mariña. Vitoria importantísima para o Choco que esta semana prepará o encontro do próximo sábado en Vilalonga. Os de Sanxenxo son 6º.
Choco: Cortegoso, Gonzalo (Javi González, min. 27), Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Alberto Suárez, Rober (Marcos Pérez, min. 44), Gabi Misa, Comis, Félix, Silva (Óscar Pérez, min. 77).
Ordes: Castelos, Boo (Soucase, min. 74), Vidal, Alberto Varela, Rubén Caamaño, Melgarejo, Monroy, Misik (Puyi, min. 12), Aparicio, Vilas (Caicedo, min. 36), Abel Torres.
Goles: 1-0, min. 19: Rober; 2-0, min. 44: Silva; 3-0, min. 51: Comis; 3-1, min. 57: Monroy; 4-1, min. 80: Félix.
Segunda Autonómica

Tyde 0-4 Choco
Contundente vitoria do filial redondelán, que asinaron os goles de CArlos, Samuel, Álex Cuesta e Dani Bouzón. O triunfo mantén ao Choco B nos postos de privilexio. Na próxima xornada recibe ao Progresista.
Unión Dena 1-2 Arcade
O Arcade fíxose coa vitoria en Dena, que os deixa na metade da táboa. Na próxima xornada interesante derbi comarcal Arcade-Unión Sampaio, cos pontevedreses dous postos por baixo.
Terceira Autonómica

Chapela 1-0 Atl. Vilar
Un solitario gol de Borja deu os tres puntos ao Chapela nun disputado derbi. O Vilar sufriu a expulsión dun xogador por vermella directa na segunda metade. O triunfo deixa ao Chapela na segunda praza, por detrás do Vincios. Na próxima xornada dispútanse os encontros At. Vilar- Alcabre, cos dous equipos na parte baixa da táboa, e o Peñasco-Chapela, cos anfitrións tamén na metade baixa da táboa.
Alcabre 2-2 Peña Beretes
O Peña Beretes segue como pechacancelas do grupo malia o empate colleitado en Alcabre, que é penúltimo. Na próxima xornada o Peña Beretes recibe ao Pereiró, sétimo do grupo.
Cesantes 1-0 Bueu
Os de Redondela impuxéronse pola mínima ao Bueu,e manteñen a cuarta praza do grupo. Na próxima xornada dispútase o derbi comarcal Soutomaior-Cesantes, co Soutomaior intentando recortar distancias co Cesantes, un posto por diante e con catro puntos máis no seu casilleiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará