Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iván Vázquez: “Nesta segunda volta o Arealonga F.S. ten que saír do bache”

RR_Noticias

Transcorrida xa a primeira metade da competición na Liga Galega Sur, o equipo de Chapela está afundido na parte baixa da táboa. Logo do descanso de Nadal, e coa recuperación dalgúns dos seus xogadores, confían en mellorar resultados nesta segunda volta que comezan na casa co Verín.

O balance da primeira volta do campionato non é positiva para o Arealonga. Das quince xornadas de liga só suman tres vitorias e catro empates. Con 13 puntos están na 14ª posición da táboa, só por diante do Ourense Mariñamansa e o Celado, pechacancelas do grupo. O presidente e xogador, Iván Vázquez, advirte que agora teñen por diante toda a segunda volta para darlle a volta á situación. Recoñece que a traxectoria do equipo non foi boa, pero confía en “saír do bache” nesta segunda volta. Explica que o descanso de Nadal permitiulles recuperar a algúns xogadores, e pelexarán por saír da cola da táboa. Afirma que o traballo feito ao longo da semana nos adestramentos foi bo, e ve con optimismo a segunda metade da competición que queda por diante. “Mellorar os resultados da primeira volta non será difícil”, aventura Vázquez Figueroa. O seu primeiro rival será o Verín, e augura un encontro “moi disputado” xa que o ourensán é “un equipo forte”, segundo Vázquez. Actualmente son quintos na táboa, e en Chapela son conscientes de que precisarán o cen por cen de concentración durante todo o partido para sacar un resultado positivo. O partido será o sábado ás 18.30 no pavillón municipal de Chapela.
Categorías femininas
En canto ao fútbol sala feminino, no club apostan firmemente por todas as categorías, que van medrando desde o nacemento do Arealonga F.S. O presidente salienta o “bo traballo das rapazas” con excelentes resultados tanto na Liga Galega Cadete como na Liga Provincial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará