Un documental no que se recollen as testemuñas de mulleres galegas que traballaron no sector téxtil nos anos 60, entre as que atopamos traballadoras de Regojo. Man de obra perfecta que serviu para levantar unha industria xigante que agora atópase deslocalizada. Ademais das traballadoras escoitarase tamén as voces dos seus patróns. No multiusos de Arcade o venres 20 ás 19:30 horas.
O Laboratorio de Costura Creativa organizado polo Concello de Soutomaior chega ao seu remate cunha exposición dos traballos elaborados polas alumnas e a proxección do documental de Illa Bufarda para Amarante Setem, “Fíos fora” que aborda as historias que hai detrás das mulleres galegas que traballaron no téxtil dende os anos 60 e foron man de obra para emerxer a industria xigantesca que agora atópase deslocalizada. Nel atoparemos testemuñas como os de Sabina Otero González e Agustina Vázquez Gallego, ambas obreiras da fábrica téxtil Regojo.
Unha actividade que serve para pechar o laboratorio de Costura creativa impartido pola Fundación Emaus e que o xoves 19 de Xaneiro contará cunha xornada dirixida por La Canalla que se encargará de reflexionar sobre conceptos como o consumo de moda ética e o valor da segunda vida nas prendas.