A agrupación política solicita a comparecencia de Javier Bas para que explique no pleno do concello que se celebra este xoves ás 20:00 horas “a situación e perspectivas das obras de ampliación da AP-9” ao seu paso por Chapela. Entenden necesaria a comparecencia “ante a falta de transparencia do goberno local con respecto das reunións unilaterais que mantén con representantes de Fomento e Audasa”. Critican tamén que non se estea a convocar a comisión de seguimento das obras.
As críticas de AER cara o goberno municipal e que os levan a solicitar esta comparecencia afondan tamén na incerteza sobre o futuro dos servizos públicos que están sendo afectados de cheo pola ampliación da autoestrada “sen que o goberno sexa capaz de dar unha información clara e precisa do que acontece” e acusan aos populares de “non empregar as ferramentas xurídicas que posúe o concello na defensa dos intereses da veciñanza”.