Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Montes: “Estamos nunha liña positiva pero hai que ser cautos e seguir remando”

RR_Noticias

A vitoria da pasada xornada en Vilalonga permite ao Choco afastarse dos postos de descenso. O triunfo, con remontada incluída, serve tamén como inxección de moral no vestiario, que agora atravesa un mellor momento. Un revulisvo que serve tamén para afrontar con optmismo o partido do domingo en Santa Mariña ante o Rápido de Bouzas.

O técnico redondelán amósase satisfeito co traballo das últimas semanas, que mellorou a delicada situación que atravesaba o Choco. A recuperación dos xogadores lesionados, xunto coa incorporación dos reforzos Javi González e Caroi, está detrás deste rexurdimento do equipo. E o domingo demostraron que, malia ir perdendo 2-0 na segunda parte, o seu esforzo pode facer posible darlle a volta ao marcado. Marcos Montes celebra dobremente esta última vitoria polo que supón na clasificación e tamén polo que supón animicamente para o vestiario este paso en positivo. Os últimos resultados permiten aos xogadores ter “máis confianza”, pero o técnico quere seguir cos pés na terra. Advirte que hai que ser “cautos” e seguir traballando sen perder a concentración para acadar o obxectivo da permanencia “sen apuros a última hora”. O próximo rival será o líder, o Rápido de Bouzas. Montes quere restarlle importancia ao feito de que os vigueses encabecen a táboa, e fala “dun partido máis”. Augura que será un partido difícil pero “moi igualado”, no o Choco debe marcar os ritmos e estar ao cen por cen para acadar a vitoria. O técnico confía en que os afeccionados redondeláns se envorquen co equipo neste partido e ateiguen o estadio municipal de Santa Mariña para axudalos a acadar a vitoria. O encontro disputarase a partires das 17.00 horas.  

Marcos Montes adestrador do Choco
O técnico está satisfeito coa liña positiva que leva o equipo despois da vitoria en Vilalonga con remontada.
Traballo e constancia
Montes advirte que deben ser cautos e seguir traballando para acadar canto antes o obxectivo da permanencia.
Choco – R. Bouzas
O domingo reciben ao Rápido nun encontro que segundo o técnico será moi igualado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará