A presenza redondelá foi moi numerosa neste campionato de España de Selección Autonómicas, con seis xogadores nas diferentes categorías vestindo a camiseta da selección galega. Salientar tamén os éxitos dos adestradores Samuel Iglesias, que acadou a prata ao fronte da selección galega xuvenil masculina e as tamén redondelás Carla Abad, adestradora da selección galega infantil feminina que acadou o bronce.
O concelleiro de deportes Julio Mougán entregou no acto os diplomas aos cinco deportistas da categoría infantil, cadete e xuvenil feminino da SAR que viaxaron ata esta proba así como a dous técnicos da categoría infantil feminina do club de balonmán de Chapela e un técnico da categoría xuvenil masculina. Todos eles participantes redondeláns no Campionato de España de Seleccións Autonómicas en Cataluña, celebrado entre o 2 e 7 de xaneiro, representando a Galicia. Xogadores das categorías infantil, cadete e xuvenil feminino e masculino con presenza de xogadoras do equipo de Chapela (Anxo Fontán Gabriel) e da Sar (Sandra Fernández Couñago, Goretti Miguel Crespo, Lara García García, Carolina Míguez Baquero e Carmen Fernández Veloso) e os técnicos Sara García Migueles e Carla Abad de Infantil Feminina e Samuel Iglesias de Xuvenil Masculino. Uns adestradores que manifestaban a súa confianza na base do balonmán local e aplaudían o feito polos seus pupilos nos campionato de España.