Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alén Nós critica que o goberno municipal dea carpetazo ao museo antropolóxico de Redondela

RR_Noticias

A concelleira de Cultura, Teresa París comunicoulles que non teñen previsto dende o goberno local promover a construción do Museo de Historia e Antropoloxía de Redondela (MUDHAR). O colectivo lamenta a “falta de vontade política” para poñer en marcha un proxecto que serviría para recuperar e divulgar o noso patrimonio material e inmaterial e que podería ubicarse nas antigas escolas dos Mestres. Advirten que o material que estaba no seu poder para dar contido a este museo continúa a deteriorarse ao non contar cun espazo axeitado para a súa conservación.

O proxecto elaborado pola Asociación Alén Nós e a empresa A Citania contemplaba a posibilidade de rehabilitar algunha das casas dos Mestres na Avenida Mendiño para crear un museo cuxo principal obxectivo sería conservar o patrimonio material e inmaterial do municipio. Dividido en diferentes apartados o espazo serviría para amosar contidos varios en torno: a xente e o territorio (as persoas, a ría e o camiño), a historia (prehistoria e historia antiga, época medieval, época moderna e contemporánea), a memoria do mar (oficios e industria, tradicións), a memoria da terra (oficios e industria, tradicións), Redondela a terra das mil festas (a Coca e o Corpus, os títeres, os Maios, o choco, o Entroido, as curtametraxes, os fachos). Dende Alén nós lamentan “a falta de vontade política do goberno local” por descartar o proxecto “sen nin sequera dar un argumento no que apoiar a súa decisión” e lembran que Redondela está a perder patrimonio material consonte avanzan os anos “nós contabamos con pezas cedidas por particulares que se están a deteriorar por non contar cun espazo axeitado para a súa conservación”. Andrés Laxe apunta tamén que coleccións particulares como a de Adriano Marques de Magallanes que cedeu un importante conxunto de louza de Sargadelos ao Concello acabe no albergue de peregrinos precisamente por no contar o concello cun museo que poida acoller estas pezas.    

Asociación Alén Nós
Andrés Laxe e Guillermo Fontán aseguran que non se lle deu ningún argumento para rexeitar o proxecto
Guillermo Fontán
Falta de vontade política
Andrés Laxe
Colección particulares que non teñen onde ubicarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará