Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concentración en Redondela contra o último crime de violencia de xénero do Carballiño

RR_Noticias

A Concellería da Muller e Igualdade convoca ás 12:00 horas de hoxe martes na praza do Concello unha concentración en repulsa polo caso de violencia de xénero acontecido en Carballiño (Ourense) e condena toda clase de actos violentos contra as mulleres. Virginia Ferradás asfixiada polo seu marido é a primeira morte por violencia de xénero rexistrada este ano en Galicia.

Na súa loita contra a violencia de xénero, o Concello de Redondela aprobou unha moción, asinada por todos os partidos políticos que conforman a Corporación, co fin de facer reflexionar á sociedade e tratar de visualizar este problema social que nos afecta a todas e todos. Froito desta moción, colocarase un lazo violeta no balcón do Concello e na páxina web do Concello. Ademais, procederase a unha concentración diante do edificio do Concello hoxe martes 31 de xaneiro ás 12.00 horas, e gardarase un minuto de silencio no próximo pleno.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará