O centro ven de recibir un recoñecemento importante ao seu traballo na innovación educativa logo de ser o único colexio galego e un dos poucos centros seleccionados en España pola Fundación Bulli de Ferran Adrià e a Fundación Telefónica para amosar o seu traballo no eido da innovación educativa a nivel Internacional e formarse no BullyLab en materia de traballo cooperativo e creatividade.
A traxectoria do centro nestes últimos en materia de diversificación, coperación, creatividade e innovación, fixo que la BulliFundation e a Fundación Telefónica os elixira para formar parte dos 19 centros de todo o estado nos que se implantará o novo método educativo baseado na innovación e a creatividade de Ferran Adrià.
Este premio repercutirá na formación do profesorado con traballo cóbado a cóbado de maneira presencial no BulliLab co mesmo Adrià en varias Xornadas en Barcelona ao longo deste ano. Ademais o centro poderá nutrirse de moitos recursos (humanos/materiais) e xuntanzas intercentros, así como auditar os seus procesos educativos para favorecer cambios de mellora baixo o thinktank do Bulli.
O Alumnado e as familias terán a posibilidade de acceder a programas piloto titorizados e o centro educativo recibirá a visita de persoeiros moi relevantes a nivel nacional e internacional no eido da creatividade/organizacións/cooperación/innovación.