O conselleiro de Vicepresidencia, Alfonso Rueda, visitou esta mañá Redondela para coñecer de primeira man o resultado das obras do paseo do río Maceiras, que contou con financiamento autonómico.
Acompañado do alcalde, Javier Bas, e os concelleiros Carmen Amoedo e Arturo González, percorreu o tramos da senda fluvial que xa está realizado e que utilizan a diario moitos veciños. Rueda salientou a utilidade pública deste paseo, e comprometeu a colaboración da Xunta de Galicia para realizar o terceiro e último tramo que está aínda pendente de executar. O rexedor local explicou que o proxecto da obra xa está realizado, así como a tramización dos permisos correspondentes, polo que confía en que a obra se realice ao longo deste ano 2017.