Os equipos de Chapela acadaron dúas vitorias importantes nesta fin de semana. O Campito visitaba o campo de As Neves e lograba a vitorias por 4-8. O Arealonga xogaba na casa ante o Celado. Partido que rematou co resultado de 5-4. Pola súa banda, o mal estado da pista levou suspender o partido que o Redondela FS ía disputar esta fin de semana no campo do Valadares. Partido aprazado aínda pendente de concretar nova data.
Importante vitoria para o Campito, malia as numerosas baixas que presentaba. Os de Chapela fixéronse co encontro ante As Neves. Sitúanse agora na 7 praza da categoría e na vindeira semana reciben ao Abetos Gondomar, tan só un posto por baixo dos de Chapela.
Vitoria tamén para o Arealonga que non deixou escapar os puntos no partido disputado esta fin de semana no pavillón de Chapela ante o Celado. Unha vitoria que lles serve para coller folgo de cara ao derbi do próximo sábado, xornada na que se enfrontan ao RedondelaFS. Un partido previsto para o sábado 11 ás 16:15 no pavillón novo de A Marisma.