Os de Marcos Montes fixeron un gran partido, pero non exento de erros, que permitiron ao Vilalbés adiantearse no marcador. Na Segunda Autonómica o Choco B perdeu no campo do Vilariño, e na Terceira Autonómica as únicas vitorias locais foron as do Cesantes e o Atl. Vilar.
Terceira División
Choco 1-1 Vilalbés
O conxunto redondelán saíu centrado ao terreo de xogo de Santa Mariña, co seu fútbol combinativo, tentando chegar ó área rival. Pero fallaban nos últimos metros ante a defensa do Vilariño, que se pechaba de xeito moi eficaz, e tivo algunha chegada de ataque, sobre todo a balón parado. Chegaron ao descanso co marcador 0-2. No segundo tempo comezaron igual, e Montes decidiu intridu
Sen grandes ocasións chegouse ó descanso e no segundo tempo mantívose a liña, pero un erro do Choco supuxo o gol visitante. Un balón que tentou sacar a formación redondelá dende a defensa chegou a Javi González, quixo ceder a Cortegoso, que errou. O esférico chegou botando a Villares que anotou o 0-1. Montes intruduciu cambios. Comis entrou no campo e o Choco encontrou outra circulación no ataque; despois incorporou a Marcos Pérez e Gabi Misa. O Vilalbés seguiu defendendo con orde, ata que chegou o empate, xa en tempo de desconto. Puxo o centro Gonzalo, Silva cedeu de cara a Félix e o atacante marcou cunha volea cruzada. Con este punto que supón o empate o Choco evita a zona de descenso. NA próxima xornada aos redondeláns tócalles outro óso, xogan no campo do Cerceda.
Segunda Autonómica
Vilariño 2-1 Choco B
O filial deixou escapar a vitoria ante o Vilariño, nun partido que supoñía un duelo directo na loita polo ascenso. O Choco adiantouse no minuto 20 con gol de Eloy de penalti. Só dous minutos máis tarde Josiño empataba para os locais. E antes do descanso Balboa poñía por diante ao Vilariño cun lanzamento desde fóra da área. Na segunda parte o Choco B tivo varias ocasións claras para empatar, pero os paus e as intervencións do porteiro local impedírono. O resultado deixa aos dous equipos empatados a puntos na táboa, malia que o Chocoten o “golaverage” ao seu favor. Os redondeláns, na segunda praza, reciben o domingo ao Tomiño, sexto clasificado.
Vilaboa 4-3 Arcade
Os de Soutomaior perderon en Vilaboa nun encontro con moitos goles. Desde a metade baixa da táboa preparan o encontro da próxima xornada. Reciben ao líder, o R. Bahía.
Terceira Autonómica
Atl. Vilar 2-1 Teis
O At. Vilar impúxose ao Teis, e seguen escalando posicións. Na próxima xornada visitan o campo do Moledo
Gondomar 4-3 Chapela
O Chapela deixou escapar a vitoria logo de adiantarse por 0-3 en Gondomar na primeira parte para perder por 4-3 na segunda. Segue liderando a táboa, pero agora empatados co Vincios. Na próxima xornada reciben en Chapela ao Coia, que ocupa a quinta praza.
Peña Beretes 2-4 Moledo
O Peña Beretes segue como pechacancelas logo da derrota ante o Moledo. Próxima xornada Peña Beretes descansa.
Caroi 0-6 Cesantes
Goleada do Cesantes no campo do Caroi, que deixa aos redondeláns na cuarta praza do grupo. O domingo reciben ao At. Estación, que suma un punto menos que os de Cesantes.