Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vitoria da SAR Rodavigo en Coia e derrota dos equipos locais na Primeira Nacional Masculina

RR_Noticias

As pupilas de “Chini” impuxéronse ao Seis do Nadal en Vigo, mentres que na categoría masculina a SAR Plastic Omnium perdeu ante o Carballal mentre que o Rodosa Chapela sucumbía ante o líder, o Xiria.

División de Honra Prata Feminina
Seis do Nadal 34-43 Rodavigo SAR
O derbi entre o Seis do Nadal e a SAR Rodavigo, correspondente á décimo quinta xornada de Liga de División Prata Feminina, saldouse cunha clara vitoria do equipo redondelán, que sobe ao cuarto posto da clasificación. As de Elisardo Covelo “Chini” dominaron o encontro desde os primeiros minutos. Lara Patiño, con dez tantos, foi a máxima goleadora da SAR, mentres que Iria Darriba achegou oito e Sandra Fernández sumou outro cinco. Na próxima xornada as redondeláns recibirán na Marisma ao Morro Jable, da metade baixa da táboa.
Camargo-Cíes Chapela : aprazado. Próxima xornada Oviedo-Chapela
Primeira Nacional

Granitos Carballal 27-23 SAR Plastic Omnium
Por culpa do mal tempo o partido tivo que xogarse no pavillón de Redondela. Con todo, os vigueses conseguiron gañar ao Plastic Omnium, que se sitúa na 11ª posición da táboa. Na proxima xornada reciben ao Rasoeiro, dous postos por baixo dos redondeláns.
Xiria 33-27 Rodosa Chapela
Os de Fran Teixeira non puideron co líder, que se consolida no posto e deixa ao Chapela a seis puntos, que se afasta das prazas que dan opción de disputar a fase de ascenso. Na próxima xornada o Chapela recibe ao Lavadores, novo pechacancelas do grupo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará