Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello repartirá 9.000 euros entre as comparsas que participen no Entroido

RR_Noticias

Redondela quece motores para o entroido coa apertura do prazo de inscrición para todas aquelas comparsas que queiran participar no desfile que se organiza o domingo 26 de febreiro e que se completa coas actividades propias do martes de entroido, o día 28. As comparsas participantes recibirán axudas que oscilan entre os 300 e os 500 euros dependendo do número de compoñentes e poderán optar a algún dos premios que concede a Concellería de Cultura. O prazo de inscrición remata o 20 de febreiro.

Este ano dende o Concello contan cun orzamento de 9.000 euros que se destinará a subvencionar e premiar as comparsas participantes no desfile do día 26, pero tamén a aqueles grupos, parellas e persoas que se disfracen a título particular e que queiran participar no concurso que terá lugar o martes a partir das cinco da tarde.
No caso das comparsas, as agrupacións formadas por máis de 80 compoñentes recibirán 500 euros, 400 percibirán as comparsas cuxo compoñentes sexan entre 56 e 80 persoas e con 300 euros se axudará a aquelas de entre 25 e 55 compoñentes.
Os premios oscilarán entre o 900 euros para a comparsa que quede en primeiro lugar e 600 e 300 para a segunda e terceira, respectivamente.
As comparsas deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación e en canto ás carrozas deberán ter unha altura máxima de 4,50 metros e un ancho máximo de 4,00 metros.
As comparsas que opten aos premios deberán inscribirse no rexistro xeral do Concello antes do 20 de febreiro e para poder optar aos premios é imprescindible que as comparsas acompañen ao Entroido nos actos programados para o Domingo día 26, e que comezará coa concentración das comparsas as 17:00 horas no Campo da Feira, sendo ás 18:00 horas o inicio do desfile.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará