Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela F.S. imponse no derbi ante o Arealonga

RR_Noticias

Partido disputado no pavillón A Marisma con boa entrada de espectadores que non quixeron perder este derbi que se saldou co resultado de 4-2 a favor do Redondela. Tamén na autonómica sur de fútbol sala milita o Campito, equipo que se impuxo ao Abetos Gondomar por 4-3, nun partido disputado no pavillón de Chapela.

Interesante derbi o disputado esta fin de semana no pavillón da Marisma. O Redondela foi quen levou a iniciativa e o peso do partido, pero iso non impediu que o primeiro gol en subir ao marcador fora para o Arealonga. Non tardaron moito os locatarios en acurtar distancias logo dunha boa xogada de Esco que finalizaría en gol, xogador que sería tamén o encargado de subir o segundo tanto do Redondela ao marcador a falta de dous minutos para o final. A segunda parte arrancou co Arealonga centrado no ataque, pero serían os do Redondela quen lograrían os tantos ata chegar ao definitivo 4-2 que deixa ao equipo na novena praza da categoría e con novos folgos para o encontro que disputarán na vindeira fin de semana no campo do Tui Futsal.
O Arealonga sitúase na decimo segunda praza e teñen o vindeiro sábado unha cita difícil, reciben ao Cereixa, equipo situado na segunda praza do grupo.
Vitoria tamén esta fin de semana para o Campito, equipo que xogaba en Chapela ante o Abetos Gondomar e que lograban facerse co partido por 4-3. Na vindeira fin de semana xogan fóra da casa pero fano cun equipo asequible, o pechacancelas do grupo, o Ourense Mariñamansa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará