Os redondeláns presentaron un equipo moi ofensivo no campo do Roxo, e a valentía de Marcos Montes tivo premio. O Choco non baixou os brazos e malia comezar perdendo pelexou ata o final para remontar o partido. Foi a única vitoria do fútbol local, xunto coa do Cesantes, en Terceira Autonómica, que se impuxo ao At. Estación.
Terceira División
Cerceda 2-3 Choco
Marcos Montes presentou no campo do Roxo a un equipo moi ofensivo para medirse ao Cerceda, que conezaba o partido na segunda posición da táboa. A valentía do Choco tivo premio, malia que o encontro comezou mal para os redondeláns. Ares, aos catro minutos e Agulló, a cinco do descanso, puñan o marcador en 2-0. Con todo, o descanso transformou o partido. Lucas reduciu distancias, logo empatou Comis e a falta dun cuarto de hora e Félix, no desconto, completou a remontada do Choco. Tres puntos de ouro para os redondeláns, que tiveron o coraxe de non baixar os brazos e seguir pelexando ata o final. Unha vitoria que lles permite saír dos postos complicados da clasificación, incluso tendo en conta posibles descensos de categoría de Segunda División B. O Choco, na 14ª posición da táboa, recibe o domingo en Santa Mariña ao Negreira, da metade da táboa.
Cerceda: Marcos Valín, Javi Otero, Juan Pérez, Angeriz, Marcos Caridad, De la Puente, Adrián Martínez (Pablo Varela, min. 75), Agulló, Álex Ares (Cañizares, min. 80), Carlos López (Abelenda, min. 66), Uxío.
Choco: Cortegoso, Gonzalo, Javi González, Lucas, Gándara, Caloi, Rober (Marcos Pérez, min. 75), Gabi Misa (Alberto Suárez, min. 77), Comis, Félix Rial, Ricar (Oki, min. 62).
Goles: 1-0, min. 4: Ares; 2-0, min. 40: Agulló; 2-1, min. 47: Lucas; 2-2, min. 75: Comis; 2-3, min. 89: Félix.
Segunda Autonómica
Choco B 3-4 Tomiño
Os redondeláns baixan ata a terceira praza logo da derrota. O domingo xogan no campo do Louro, que é o cuarto clasificado.
Arcade 0-1 R. Bahía
O Arcade non puido co líder, o R. Bahía. A próxima fin de semana xogan no campo do S.Andrés, penúltimo clasificado.
Terceira Autonómica
Moledo 5-1 Atl. Vilar
Os de Vilar sufriron unha dura goleada no campo do Moledo. Agora son 12º. Desde esta posición protagonizan o derbi do próximo domingo, cando reciben ao Peña Beretes, pechacancelas do grupo
Chapela 1-2 Coia
Segue liderando a táboa o equipo redondelán, empatado co Vincios, malia a derrota, xa que tamén o Vincios perdeu ante o Balaídos. O domingo poderá dirimirse a cabeza da táboa, xa que o Chapela xoga precisamente en Vincios. O co-líder será o seu rival.
Cesantes 3-1 At. Estación
Victoria dos redondeláns, que escalan ata a terceira praza do grupo. O domingo visitan o campo do pechacancelas, o E. Dorada.