As de Elisardo Covelo “Chini” ocupan a cuarta praza da División de Honra Prata, unha posición que supera as mellores espectativas do club. Ante a xornada de descanso o técnico fai un balance moi positivo da temporada, e aposta por rematar a liga entre os cinco primeiros clasificados.
O triunfo ante o Morro Jable da pasada xornada en Redondela permítelles seguir soñando, e consolidar o bo traballo feito nesta campaña. Trátase dunha categoría moi esixente, como lembra “Chini”, e o equipo precisa estar concentrado ao cen por cen para manter a súa posición. Advirte que a liga está a ser “moi competitiva” e que un momento de relaxación pode botar por terra todo o traball. Levan disputadas catorce xornadas, e tan só restan seis de competición. Agora teñen por diante unha semana de descanso debido ao parón ligueiro. O descanso sentará ben ao equipo, segundo o técnico, xa que servirá para recupera a algunhas xogadoras que arrastraban lesións e sobrecargas. O lado negativo é que o paro na competición pode frear a “tensión” da competición. Con todo, “Chini” recoñece que o feito de que o próximo rival sexa o Carballal garante “a motivación das xogadoras”. Os dous rivais están moi igualados, as de Redondela na cuarta praza e as viguesas na sexta, con tres puntos menos que a SAR Rodavigo, que ademais leva disputada unha xornada menos. Un aliciente máis para este derbi comarcal que se disputará en Cabral. O Carballal chegará ademais con gañas de sumar puntos logo do tropezo en Valladolid, onde non conseguiu pasar do empate. O encontro será o sábado, 25 de febreiro, ás 16.30 horas. Na SAR confían en que os afeccionados redondeláns se despracen tamén ao pavillón vigués para arroupar ás súas xogadoras.