Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños comezan a beneficiarse da rebaixa fiscal da plusvalía

RR_Noticias

O consenso entre as forzas da oposición obrigou a aprobar unha baixada do imposto que agora comeza a aplicarse, o que supón que os veciños vexan reducido o imposto nun 95% con respecto ao imposto anterior no casos de herdanza. A modificación do imposto fora aprobada no pleno de setembro coa abstención do PP quen argumentaran a súa postura por entender que esta rebaixa suporá que o concello deixa de ingresar máis de medio millóns de euros.

Trala aprobación por parte do pleno no mes de setembro grazas aos apoios dos grupos da oposición (PSdeG, AER, BNG e Raquel Quintáns), e sen que se presentasen alegacións, a finais do mes de xaneiro saía publicada a aprobación definitiva da ordenanza. Esta modificación será aplicada a partir de agora aos veciños do concello de Redondela, que verán reducido o imposto nun 95% con respecto ao anterior, nos casos de herdanza.
Explican dende a aposición que esta rebaixa “era esperada por toda a veciñanza do concello, xa que este imposto, estaba a xerar situacións económicas complicadas entre a veciñanza, incluso habendo casos de renuncia das herdanzas ao non poder facer fronte aos xuros que o concello cobraba ata agora. Cabe recordar que o concello de Redondela conseguiu acadar máis de millón e medio de euros, tan só nos casos de herdanza, en catro anos de goberno do Partido Popular”.
Finalmente, aos grupos da oposición catalogan esta rebaixa da plusvalía de moi beneficiosa para a cidadanía e amosan a súa satisfacción ao acadar levar a cabo iniciativas que benefician a toda a poboación dende a oposición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará