Na última semana hai constancia de aló menos cinco roubos en vehículos estacionados nas inmediacións deste centro deportivo na zona da Marisma en Redondela. En todos os casos o proceder foi o mesmo. Rompen o cristal e levan todos os obxectos de valor que se atopan no interior do vehículo: bolsos, móbiles, cartos… Sorprende o atrevemento dos autores dos roubos que non dubidan en actuar no lugar malia a proximidade das comisarías tanto da policía local como da nacional.
O autor ou autores destes feitos actúan incluso a plena luz do día polo que se recomenda aos usuarios da piscina ou veciños que adoiten estacionar nesta zona non deixar ningún obxecto de valor no vehículo.