Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento delega en Audasa as actuacións de mellora do ruído no tramo da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento ven de respostar á deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, que as actuacións de mellora da calidade acústica no tramo de entrada da AP-9 ao seu paso por Teis e Chapela correspóndelle a empresa concesionaria Audasa. Precisamente esta é unha das reivindicacións detrás da manifestación que se vai celebrar ás 19:00 horas de hoxe en Chapela.

Fomento afirma na súa resposta a En Marea que o tramo de entrada a Vigo “defínese como actuación complexa” e que “podería incluir a combinación de diversas medidas para a mellora da calidade acústica”. O Ministerio sinala que a actuación a desenvolver na AP-9 nesta zona “está recollida no Plan de Acción que será sometido a curto prazo ao trámite de información pública”, aínda que non concreta a data exacta.
“Fomento lávase as mans en relación a este problema de contaminación acústica e indica que a execución das actuacións contra o ruído correspóndenlle á sociedade concesionaria, sen prexuicio da responsabilidade que lle puidese corresponder a outras administración con competencias na materia” explican dende a formación política.
A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, dirixíase mediante unha pregunta parlamentar ao Ministerio de Fomento para demandarlle solucións urxentes ao alto nivel de ruído que soportan os veciños de Teis e Chapela no tramo de entrada da AP-9 a Vigo, lembrando que unhas 2.000 persoas están sometidas a un volume de impacto acústico superior ao aconsellado. Considera a deputada de En Marea que se trata dun problema a solucionar con premura.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará