Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Primordiais presenta no Multiúsos o seu disco “Droguería moderna”

RR_Noticias

O dúo de arpa, voz e percusión formado por Luis Martíns e Marcelo DoBode, dous primos que, desde Soutomaior nos traen as súas “musicas de OrTa”, musicas en crecemento, simbiose perfecta entre tradición e Modernismo actúan este sábado ás 21:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Eles veñen presentar o seu disco “Drogueria Moderna”, cun concerto para todos os públicos, incluídos os máis pequenos “que teñen así a oportunidade de escoitar unha arpa en directo”.

Este será un concerto íntimo cheo de dozura, melodías recollidas da tradición oral con arranxos simples e efectivos, dunha grande forza estética que transportan á sociedade rurubana moderna toda a lírica dos cantos antigos e incorporacións de ritmos con que as nosas avoas facían os seráns nas zonas de arredor de Pontevedra de onde estes dous novos músicos beben nas súas fontes. A entrada ten un custe de 7 € / 5 € reducida (menores de 10 anos, parados ou persoas pensionistas. Menores de 3 anos entrada libre deben ocupar butaca co pai/nai. Venda de entradas no Auditorio da Xunqueira.  

Marcelo DoBode Primordiais
O músico fálanos do seu repertorio
Para grandes e cativos
Os máis pequenos gozarán co concerto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará