Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Conta atrás para o Entroido

RR_Noticias

Último día hoxe para inscribirse e poder participar no desfile de comparsas e na queima do berete que se van celebrar o domingo 26 e o sábado 4 e marzo respectivamente. Os interesados en formar parte destas actividades do Entroido organizadas dende as concellería de Cultura e Eventos deben inscribirse no rexistro do concello na xornada de hoxe.

Dende o Concello organizan tres días de actividade co arranque o domingo 26, xornada na que se celebra o tradicional desfile de comparsas. Os participantes reuniranse nesa xornada ás 17:00 horas no campo da feira e unha hora despois comezará o desfile polas rúas de Redondela. O xurado dará a coñecer os premiados ás 20:45 horas.
Xa o martes do Entroido, día no que se celebra o carnaval máis popular e participativo con centos de persoas disfrazadas polas rúas de Redondela xa dende a mañá, o concello organiza un programa de actividades que arrancará ás 16:30 na Alameda onde haberá animación infantil con obradoiros de máscaras e maquillaxe. Ás 17:00 horas terá lugar o concurso de disfraces que deberán desfilar diante do concello e actuación variadas polas rúas da vila. Ás 19:30 espectáculo Draco dende Vilavella ata o concello e queima do Meco ás 20:00h.
A programación deste ano rematará co tradicional Enterro do Berete en Chapela. A comitiva formada polas comparsas participantes reunirase o sábado 4 de marzo ás 17:00 horas no “Alto da Encarnación” e a saída do desfile está prevista para as 18:00 horas acompañada do espectáculo Norberta. Finalizará na Praia de Arealonga onde terá lugar a queima do berete.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará