Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento cifra en 19 millóns o custe de atallar a contaminación acústica e os veciños esixen prazos

RR_Noticias

Os veciños de Chapela instan a Audasa a acometer estas melloras de inmediato e esixen un calendario con prazos concretos para acabar coa elevada contaminación que padecen os milleiros de veciños que viven á beira da autoestrada ao seu paso polo barrio vigués de Teis e a parroquia redondelá. Unha vez máis critican a pasividade de Fomento que debe ser quen esixa a Audasa que acometa estas melloras antiruido que se concretan na instalación de pantallas acústicas, semicubertas e asfalto antirrugoso nos cinco kilómetros da AP-9 na entrada a Vigo.

Esta demanda estaba tamén incluída nas reclamacións que levaron o pasado venres a máis de dúas mil persoas a saír a rúa en Chapela. Veciños que protestaron unha vez máis polos atrasos na construción do novo centro educativo e recalcaron que non permitirán a apertura do terceiro carril da autoestrada ata que non se constrúa o novo colexio. Os participantes na protesta esixiron unha vez máis a reposición de servizos e as mellora de viais en compensación polas prexuizos que está a causar na parroquia a ampliación da autoestrada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará