Os falecidos son unha muller Mª José M.G. de 50 anos de idade e a súa exparella, Emilio F.C de 47 anos. Tiñan un fillo en común de 8 anos de idade que no momento da explosión atopábase na casa dos avós. Os feitos tiveron lugar ás 20:25 horas de hoxe no Camiño Pousadoro no barrio Igrexa, segundo información do 112.
Ao lugar dos feitos desprazáronse os Bombeiros de Vigo e a Policía Nacional así como efectivos da Policía local de Redondela. Segundo transcendeu no interior do inmoble atopáronse dúas bombonas de butano coa goma cortada e unha garrafa de gasolina. A fachada do inmoble quedou derrubada a consecuencia da explosión, polo que os bombeiros procederon a apuntalar a vivenda.