Unha visita guiada polo arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela, director da posta en valor deste importante enclave arqueolóxico, que se desenvolven nos últimos domingos de mes e que se repite este 26 de febreiro con saída ás 10:00 horas e unha duración aproximada de tres horas.
Coñecer o patrimonio existente en Monte Penide/Mirallo, visitar as mámoas e os petróglifos e poñer en valor un espazo que conta ademais con novas pasarelas que dan acceso a algún dos restos arqueolóxicos máis salientables do conxunto prehistórico, é o obxectivo desta actividade que se vai desenvolver os domingos 26 de febreiro e 26 de marzo.
Unha actividade organiza polo concello completamente de balde e sen prescrición cun percorrido de tres horas de duración e dificultade baixa con saída ás dez da mañá dende a mámoa do Rei.