A Real Academia Galega (RAG) ven de abrir ao público, a través da súa versión dixital, o Arquivo no que se conservan os retratos de Rosalía, un xeito máis de conmemorar o 180 aniversario do nacemento da escritora (https://arquivo.galiciana.gal). O presidente da entidade, Xesús Alonso Montero, pasou polos micrófonos da Radio Municipal para conversar co responsable de Normalización Lingüística.
Profesor, escritor, académico e entusiasta “Rosaliano” o presidente da RAG, Alonso Montero, deixanos a través das preguntas de Xurxo Martínez, responsable de Normalización Lingüística de Redondela, a súa visión da escritora presente na súa obra dende hai máis de medio século.