Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito faise forte na casa

RR_Noticias

Os de Chapela non deron opción ao Beade e impuxéronse cun cómodo 8-2 nun partido disputado o sábado no pavillón da parroquia. Unha vitoria que permite ao equipo manterse na sexta praza da categoría na Liga galega sur. Arealonga e Redondela non foron quen de superar aos seus contrincantes. Así o Arealonga caía por 4-2 na súa visita ao campo do Manzaneda e o Redondela perdía na casa por 5-7 ante o Celado.

O Campito FS deu un golpe de autoridade ante a súa afección. Xogaron no pavillón de Chapela o pasado sábado, recibían aos vigueses do Beade, equipo que non tivo opción e que perdía o encontro cun avultado 8-2 a favor do Campito. O equipo que adestra Iago Fernández mantense na sexta praza da categoría e xogan na vindeira semana no campo do Valladares, equipo situado na decimoprimeira praza.
Malos resultados para os outros dous equipo que militan na autonómica sur. O Redondela, malia xogar na casa, perdía por 5-7 ante o Celado. Son oitavos e reciben na vindeira semana ao Verín, situado catro postos por riba dos redondeláns.
Tampouco lle foron ben as cousas ao Arealonga que se enfrontaba ao Sporting Manzaneda e perdía por 4-2. Un equipo que ten na vindeira fin de semana unha cita difícil, reciben ao líder o Lume Corbatas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará