Está aberto o prazo de inscrición dirixidos a persoas maiores de 16 anos para participar nos cursos que organiza o departamento de Novas Tecnoloxías. Ofértanse diferentes cursos de iniciación e outros mais especializados dirixidos ao mundo da imaxe e a fotografía. Unha parte dos cursos van enfocado á busca de emprego incluíndo deseño de curriculums ou uso de portais buscadores de emprego. Impartiranse nas dúas Aulas Cemit en Redondela e en Chapela.
A documentación necesaria para formalizar a matrícula será: Fotocopia do DNI e certificado de empadroamento. A entrega da matrícula farase nos Rexistros Municipais habilitados (Redondela e Chapela) ata dous días antes de comezar cada curso, tendo reserva de prazas para usuarios dos Servizos Sociais municipais.
As prazas serán concedidas por orde de inscrición, con preferencia das prazas para xente empadroada no Concello.