Poden participar todos os grupos ou solistas con residencia na Galicia ou en Portugal que non teñan disco editado por un contrato discográfico e que presenten a súa candidatura antes do 1 de marzo. Admítense traballos encadrados en calquera estilo musical. O gañador obterá un premio de 300 euros e o dereito a formar parte do cartel do XI Festival Millo Verde, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de Xuño.
Os traballos constarán de 3 cancións de composición propia que terán que ser enviados en formato mp3, acompañados dunha breve reseña biográfica (compoñentes, estilos, procedencia, concertos realizados…). É imprescindible ter un repertorio para directo de 40 minutos de duración como mínimo. Todo este material debe ser enviado ó enderezo electrónico concursodemaquetas@gmail.com. sendo imprescindible indicar nome, número de teléfono e correo electrónico da persoa de contacto.
De tódolos traballos presentados seleccionaranse un mínimo de 2 finalistas que participarán nunha festa concerto o día 1 de abril. O público asistente a ese concerto será o encargado cos seus votos de elixir ao gañador desta edición.
Toda a información pode consultarse no enderezo www.milloverde.org